Veterinarios con moitos anos de experiencia no sector

Na Clínica Veterinaria O Salnés desempeñamos servizos veterinarios tanto na nosa clínica en Caldas de Reis como a domicilio. Abarcamos toda a zona do Salnés, especialmente nas zonas de Caldas, Cuntis, Moraña, Campo Lameiro, Portas, Barro e Valga.

Ademais, os nosos veterinarios ofrece servizo de urxencias 24 horas.

Entre as actuacións veterinarias que levamos a cabo podemos diferenciar:

Revisións

Realizamos revisións das mascotas para previr posibles problemas de saúde, así como para poñer as vacinas que lle corresponden.

Medicina xeral

Ante calquer problema ou síntoma que presente o seu animal de compañía ou de produción, póñase en contacto connosco para diagnosticar a patoloxía que poida presentar.

Ciruxía

Na Clínica Veterinaria O Salnés levamos a cabo ciruxías de urxencias e programadas ante calquera patoloxía que presente o seu animal: cesáreas, esterilización, extirpar quistes, tumores…

Vacinacións

Suministramos as vacinas que lle corresponden ao animal de maneira periódica e tamén en casos de urxencia. Ademais desparasitamos ao animal cando sexa preciso.

Limpeza bucal

É moi importante a saúde bucal dos animais xa que, un mal estado da boca pode causarlle problemas como a pérdida de pezas bucales, feridas, úlceras… que ademais do problema en si pode ocasionar que o animal non poida comer. O que pode traer como consecuencia outros problemas de saúde.

Ecografía

Contamos con un equipo de ecografías para o diagnóstico de posibles patoloxías, control de embarazos…

Microchip de identificación

A lexislación obriga a ter os animais de compañia identificados, sobre todo os cans. Na nosa clínica colocamos os microchips de identificación. Ademais contamos con dispositivos para a súa lectura.

Análises clínicas

Realizamos análises de sangue, urina... á súa mascota para a detección de posibles patoloxías ou enfermidades.

Urxencias 24 horas

Estamos a súa disposición as 24 horas do día, tódolos días do ano, na nosa clínica ou desprazándonos ao seu domicilio.

Contacte cos profesionais da Clínica Veterinaria O Salnés

Se quere máis información sobre algúns dos servizos que ofrecemos na Clínica Veterinaria O Salnés en Caldas de Reis ou desexa pedir unha cita previa, pode poñerse en contacto con nós.